| 7-2-2010 Resultados |
|
|
|
|
ALLARIZ 1 - A PEROXA 2 Non puido ser, o equipo de Farru pagou caros dous erros e deixou marchar coa vitoria a un Peroxa fiel ao seu estilo. Con moitas gañas e ritmo comezou o encontro cunha primeira metade onde o Allariz se mostrou superior a un Peroxa que xogue na casa ou fóra se mantén fiel ao seu esquema de xogo, correoso e sen contemplacións atrás e saída rápida nas contras por banda dereita. Dono do esférico C.D.Allariz non conseguiu facer dano pola banda frouxa da Peroxa, a dereita,onde se virón moitos dous contra un co lateral que o equipo non soubo finalizar correctamente. Unha perda de balón en medio campo daba lugar a contra da Peroxa que buscaba o pase entre lateral e central a Loren, este chegaba a liña de fondo e habilitaba ben para que un compañeiro finalizase no segundo pau tras errar o primeiro remate. Sen embargo, non tardaría moito en empatar C.D.Allariz, un pase diagonal desde a dereita controlabao Juan Gallego meténdose na área e finalizando cruzado ante a saída do porteiro. 1 a 1 facendo xustiza ao visto no terreo de xogo. Pero de novo, un erro grave a piques de chegar ao descanso propiciou o gol da Peroxa. Antón quixo saír regateando da línea defensiva e o dianteiro visitante conseguiu roubar e habilitar de novo a Loren que só diante de Álex bateuno cun tiro cruzado. Na segunda metade seguiu a mesma dinámica pero a boa defensa da Peroxa impediu que houbese ocasións claras. Antón sería expulsado por dobre cartón ao protestar unha falta inexistente e Juan Gallego, Mikel, Sergio e Juli puideron facer gol coas ocasións que tiveron pero xa non se movería o marcador. VILARDEVÓS 0 - ALLARIZ B 1 Importante e traballada vitoria do filial no campo do colista. O gol foi obra de Rafa. ANTELA 0 - ALLARIZ 2 (Xuvenil) Sufriu e de que maneira o equipo xuvenil no primeiro tempo no que o Antela saíu moi forte e colleu as costas varias veces a defensa alaricana podendo marcar en dúas ocasións moi claras que ao final Pablo e a defensa conseguiron despexar. O partido estaba moi trabado e con contínuas perdas de balón en medio campo. No segundo tempo o Antela baixou moito o ritmo e o nivel do primeiro tempo e isto soubo aproveitalo C.D.Allariz que se fixo co control do xogo, saíu moi ben por ambas bandas e desatascou o xogo conseguindo chegar con moito perigo e creando ocasións en case tódalas chegadas. En torno ao minuto 65 chegaría o primeiro tanto logo dunha boa xogada individual de Beto que ser marchou de dous xogadores por banda esquerda e o seu centro coa zurda desde a liña de fondo era rematado de cabeza por Iker tras un potente salto. E xa cando faltaban 5 para o final o equipo facía o 0 a 2 definitivo grazas a unha xogada de Iker que centrou forte desde a liña de fondo e un defensa introduciu na porta cando intentaba despexar. ANTELA 5 - ALLARIZ 0 (Infantil) Pouco puideron facer os infantís ante a superioridade dos de Xinzo e as baixas de Julen, Luis e Raúl. O Antela repartiu tres tantos en cada período aproveitándose dun debilitado equipo infantil que se tivo que contentar con mellorar o marcador con respecto a primeira volta. ALLARIZ 9 - ARRANXAR 1 (Alevín) Partido con alternativas en ambas porterias aínda que o acerto de C.D.Allariz sumado aos erros defensivos do Arranxar fixeron que o marcador rematase cun 9 a 1. "A priori partido sinxelo pero que non o pareceu o comenzo do partido. Saíu o Allariz moi despistado e froito diso o Arranxar adiantouse nun erro tralo saque de porta do cancerbeiro visitante. O Arranxar chegaría ata en tres ocasións claras nos primeiros minutos pero o equipo alaricano espertou e cambiou o rumbo do partido. Unha vez marcamos o primeiro gol por obra de César o equipo xogou un bo futbol e chegaron maís goles. Todos os compoñentes do equipo tentaron xogar un futbol combinativo e por momentos realizaron grandes xogadas que mereceron acabar en gol. Os goles foron obra de César (4), Javier, Denís, Jorge e Sergio. Partido que nos ben moi ben para saber que si non saimos a xogar centrados podemos levar sustos importantes e un toque de atención para que no próximo partido saiamos a tope para plantarlle cara o líder na súa casa.Un partido que promete ser de grande intensidade e no que esperamos o empuxe da afección alaricana. Agradecer a xente que nos ven a ver tódolas fin de semana e que fan que os rapaces se animen e o agradezan tentando facelo o mellor posible. Este EQUIPO vai a maís e ímolo demostrar no vindeiro partido. ANIMO RAPACES QUE AINDA PODEMOS FACELO MELLOR. SANTA TERESITA 4 - ALLARIZ 7 (Benxamín) Costou adaptarnos ao campo de terra de Covadonga e os pesados balóns cos que xogamos. Os primeiros 25 minutos foron de tanteo , moi igualados e remataron co 2-3 a favor noso. Na segunda metade 10´explosivos de Adrián (que marcaría 3 goles seguidos) déronnos a ventaxa definitiva .
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|




