Joomla Files Webdesign Erfurt
Header Pic   Header Pic
Header Pic  PfeilInicio arrow Novas arrow Última hora arrow 7-3-2010 Resultados Header Pic
Header Pic

7-3-2010 Resultados PDF Imprimir E-Mail

 ALLARIZ 4 - PADERNE 2

 Excesivo número de goles para un partido con pouco ritmo e no que os erros e o mal xogo estiveron máis presentes do que deberían.

 Con todo, e como soe acontecer nestes casos ganou o mellor, o que máis achegamentos tivo a portería que foi C.D.Allariz que durante boa parte do encontro pareceu contaxiarse do rácano e especulativo xogo do Paderne que puxo as cousas ben difíciles ao empatar por dúas veces.

 O primeiro gol foi de Miguel ao enganchar dentro da área unha vólea a pase de Juan Gallego, empataría o Paderne xusto antes de marchar ao descanso cun córner moi pechado que cabeceou Santás. Na reanudación chegaría o tanto de Sergio que se revolveu moi ben dentro da área e puxo o 2 a 1. Tras un rexeite fortuito na área local empataría de novo o Paderne que aguantou ata os derradeiros minutos de xogo cando Pablo conseguiu encarar ao porteiro e aproveitar o rexeite deste para poñer o 3 a 2 e Pek que volvía despois de varias semanas facía o cuarto xa no minuto 90 cun disparo cruzado.

 XUNQUEIRA 1 - ALLARIZ B 0

 PABELLON 4 - ALLARIZ 1

 RESUMO ENCONTRO WWW.PABELLONCF.COM

GOLES: 1-0, m.8: Failde. 2-0, m.20: Antón. 3-0, m.23: Failde. 3-1, m.75: Iker. 4-1, m.80: Jimmy.

INCIDENCIAS: Partido da xornada vinte e catro da 1ª Autonómica Xuvenil disputado no campo de Os Remedios.

COMENTARIO: O Promesas fíxose cunha victoria moi importante nun partido máis fácil do previsto e que se resolveou antes da primeira media hora de xogo co 3-0 que tiñan os de Miguel Carballo, un marcador co que se chegaría ao descanso. No segundo tempo o cadro alaricán intentou meterse no partido na búsqueda dun gol que chegaría a quince minutos do final pero os locais defenderon ben a renda e incluso puxeron máis terra por medio co 4-1 cinco minutos despois que descartou calquera reacción do Allariz, que coa derrota queda prácticamente descartado para loitar polas prazas de promoción.

ARRABALDO 1 - ALLARIZ 7  (Cadetes)
Bo partido dos rapaces na súa visita ó novo campo de Sta. Cruz, onde todo quedou decidido nunha primeira parte que rematou 1 - 5 no marcador. Os nosos, pronto empezaron a impór o seu estilo de circulación de balón, de paredes por bando con centro,... destacando a efectividade de cara a porta que noutras ocasión faltou, a seguridade dos defensas e un magnífico Fran que se vai consolidando na categoría. Os goles no primeiro tempo foron obra de Arthur, Alex Rivero, Alex García (2) e Fredy. O gol local chegaría logo dun saque de esquina que logo dun rechace o xogador local empuxaría ó fondo da rede defendida por Fran. A segunda parte, sen moita historia, onde os nosos baixaron o ritmo e o equipo local terían máis oportunidades non aproveitadas creando o maior peligro con saques a balón parado.Pero sería Denis, que entrara na segunda parte, quen faría os outros dous goles, con sendas vaselinas ante a saída do porteiro local logo de gañarlle as espaldas os defensas locais.
 En resumen, siguen mantendo a boa liña demostrada anteriormente no partido ante o Barbadás e que esperemos que continúe no seguinte partido en O Seixo ante o Barco.
ALLARIZ 1 - PONTE 1 (Infantís)
Espectacular a intensidade, colocación e ilusión amosadas polo equipo infantil na tarde do sábado. A punto estiveron de levarse a victoria diante dun rival de alto nivel, que so pudo empatar no derradeiro minuto de xogo con un gol na propia porta.  Todo o equipo estivo a un gran nivel que fixo que nos adiantásemos no marcador nunha xogada do capitán Raúl , ben definida por Luis.
BOSCO 2 - ALLARIZ 5 (Alevíns)
Difícil partido o que tiña o equipo alevín na maña do domingo en Oira. Enfrente un Bosco cun bó equipo. Saíron os alaricanos algo dormidos pero só foi nos minutos iniciais. Logo espertaron e empezaron a xogar ben. Sergio desde a medular abastecía balóns as espaldas dos defensas locais onde tanto Denís como Elenilson entraban con facilidade. Antes do primeiro gol xa avisamos con tiros de Denís e César. O primeiro chegou logo dun rexeite do porteiro que Denís atento recollería e introducía o balón na portería. O segundo chegou logo dunha xogada de César pola banda esquerda que centrou e Martín logo de recibir marcaría. O terceiro sería obra de Denís logo dunha moi boa xogada entre Sergio, César e o pase final deste a Denís que definíu perfectamente ante a saída do porteiro. Acabaría a primeira parte cun bó sabor de boca. A segunda cambiaron as cousas. O Bosco saíu a remontar e cambiou de sistema e de porteiro. Presionaban moi arriba e os nosos tiñan dificultades para sacar o balón. Foron os peores momentos alaricanos. O Bosco marcaría 2 goles e puxeronse 2-3. Pero apareceu César para marcar o terceiro gol que nos daba algo de folgos. Ata o final do partido foron constantes xogadas de contragolpe con pouco toque de balón. Para matar o partido estaba Sergio que sacaría una falta dunha maneira soberbia introducindo o balón pola escadra dereita do porteiro do Bosco logo dun efecto incrible. Ata o final algunha boa ocasión de Denís que se quedou a un gol do “hat-trick”. Destacar tamén alguna parada de moito merito de Germán.
ALLARIZ 3 - PONTE 9 (Benxamíns)
O partido mantívose nivelado durante a primeira parte.Na segunda chegaron rápidamente 3 goles da Ponte que concretou a superioriade visitante.
 
< Anterior   Siguiente >
Header Pic
left unten right unten
© 2010 Web oficial de CD Allariz
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.

W3C validiert